As
Xornadas no Río
da Fraga están
deseñadas coa intención de ofrecerlle os nosos
hóspedes e a grupos de excursionistas a posibilidade de
achegarse un pouco máis tanto á cultura popular
galega como ó noso entorno natural dun modo lúdico
aínda que non por iso falto de rigor.
 O "Río da Fraga"
atravesa o Concello de Moaña de norte a sur, dende o seu
nacemento no monte Gagán ata a súa desembocadura
na praia da Xunqueira. Historicamente, este río resultou
de vital importancia para o desenvolvemento social, económico
e cultural dos habitantes da zona: ben proporcionando a auga
necesaria para os labores domésticos, ben regando os campos
de cultivo situados nas súas marxes, ou ben dando impulso
á maquinaria dos numerosos muíños
construídos ó longo do seu percorrido. Recentemente
procedeuse á recuperación dalgúns destes
muíños, en ocasións testemuñas, en
ocasións protagonistas, dun modo de vida, o dos nosos
antepasados, que a punto estivo de caer no esquecemento. Todo
un patrimonio que nos ofrece á posibilidade de achegarnos
á experiencia cotiá daquelas xentes que forxaron
as nosas tradicións para comprendelas e comprendérmonos
un pouco mellor.
|