Un LUGAR, MÚLTIPLES DESTINOS

Situada no Concello de Moaña, no mesmo corazón das Rías Baixas Galegas, atoparemos A'Fraga Rural, a quince minutos do centro de Vigo, a vinte de Pontevedra e a corenta e cinco de Santiago de Compostela, capital da Comunidade Autónoma de Galicia. A situación xeográfica do municipio nos permitirá gozar dun clima agradable ó longo de todo o ano, resultando uns veráns temperados e uns invernos moderados. O seu enclave privilexiado a sitúa no mesmo centro da Ecorruta do Morrazo que, partindo do lago Castiñeiras, percorre lugares de interés dos concellos de Marín, Bueu, Cangas e Moaña (así, a mámoa de Chan da Arquiña ou a Ruta do Río da Fraga). Non debemos esquecer o perto das numerosas praias da península do Morrazo (A Xunqueira, Rodeira, Nerga, Barra, Cabo Home, Aguete ou Lapamán) e do campo de golf "Ría de Vigo". Todo isto fai de A'Fraga Rural un sitio perfecto ben sexa como lugar de recollemento durante unha tempada, como "campamento base" para aqueles que desexen coñecer o sur de Galicia, ou, simplemente, para os que queiran realizar unha escapada de fin de semana.

ver mapa de Moaña

 

¿Cómo chegar?